A Capela do Castro

Celebración de eventos

Ermita desecularizada para a celebración de calquera tipo de evento ou enlace: vodas, cabodanos, festas privadas, presentación, entregas de premios… A capela conta co seu propio cruceiro rodeado de frescas enredadeiras, árbores e prantas naturáis. Todo elo atópase dentro dun exclusivo espazo tapado por unas bonitas tullas. A discreción é a nosa máxima!

Construída en

0
Século XIX

Ampla área

0
m2
de xardín

Capacidade

0
Persoas

Aparcamento

0
Vehículos

Quen somos

A Capela do Castro é un bonito proxecto que nace da man da familia Serrallé Marentes. Tras inmiscuirnos no emocionante mundo da organización de eventos, decidimos crear un espazo onde todos vos puidérades realizar calquera celebración que teñades en mente: a voda mariñeira que lle gusta ao teu pai, o cabodano dos anos sesenta para bailar ata o mencer, a presentazón dese novo viño no que tanto levades traballando, a cata das vosas novas cervezas artesanáis, a entrega de premios literarios pata xovenes talentos… Para calquera idea que teñades non ides atopar millor entorno para levala a bo porto.

Patricia Juan Serrallé Marentes
Wedding planner
Modista
Sara Guiomar Serrallé Marentes
Protocolo social, wedding planner
Licenciada en Filoloxía Española e Francesa
Luis Andrés Serrallé Marentes
Protocolo social, wedding planner
Licenciado en Filoloxía Inglesa

Historia

O espazo onde Terán lugar os actos ten como elemento diferenciador una capela datada no ano 1823. Trátase dunha ermida desecularizada, sen ningún tipo de relación coa igrexa católica, polo que se pode celebrar calquera tipo de evento nela: vodas, cabodanos, festas privadas, entregas de premios, catas, presentacións… A privacidade do acontecemento que celebredes está garantido polo noso muro, tanto mineral como vexetal. A confidencialidade é un feito.

Servizos

Para facer do voso día un soño, contades con todo o noso apoio e traballo. A nosa única dedicación dende o momento no que vos poñades en contacto con nós será facer realidade a voda dos vosos soños. Para satisfacervos, contamos cos seguintes servizos:

Organización

Somos especialistas na creazón de eventos e encántanos facelos. A organización da vosa idea pode ser o feito máis exitoso do momento se contades con persoas que vos asesoren ben ao longo do proceso do mesmo. O que calquera persoa ou empresa precisa durante a organización dun evento é a tranquilidade de saber que está en boas mans. Para elo nada millor que contar con nós, xa que faremos desta experiencia algo placenteiro e cómodo, nada estresante e cuxo resultado final será simplemente espectacular. Este servizo inclúe a xestión de tódolos preparativos, a decoración, coordinación do día da celebración e asesoramento durante todo o proceso.

Decoración

Para a creación dun evento que non se esquenza sinxelamente é preciso crear un ambiente ideal e para elo contamos con numerosos recursos que farán que a vosa celebración asemelle sacada dunha película de Hollywood. Nos podemos levar a cabo calquera idea que teñades en mente, só precisamos da vosa confianza. Por todos é sabido que os pequenos detalles son os que marcan a diferenza, por elo nós imos xogar coas cores, olores e luces para realzar aquilo que ninguén máis ve e facelo diferente. Podemos facer que a vosa idea seña inda máis grande se confiades en nosos expertos decoradores, que encherán de maxia o día do voso evento.

Coordinación

Inda que durante meses organizáchedes vos mesmos o evento e o fixéchedes xenial, é tempo de que disfrutedes realmente do día, que nós nos imos ocupar de ultimar detalles, non vos parece?
O mesmo día da celebración hai moitas cousas das que ocuparse e os organizadores só deberíades adicarvos aos vosos invitados. Nós somos perfectamebnte capaces de resolver todo o planificado ao mesmo que calquera contratempo que puidera xurdir xa que somos profesionais do sector e estamos afeitos a traballar en situación de estrés. O servizo de coordinación consistirá en acompañarvos durante todo o díae facer que todo discurra segundo o previsto, facendo que disfrutedes ao máximo do momento.

Contacto

Contacta con nos e despexaremos tódalas dúbidas que che poidan surxir sobre a celebración do teu evento.

Nome

Correo electrónico

Teléfono

Data do evento

Consulta

Enderezo:
Aldea o Castro 17 – 15168 – O Castro – A Coruña

Teléfono
655 966 927